UGT volve denunciar abuso laboral no Porriño por parte de subcontratas de Amazon

Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O sector do transporte de UGT Vigo volve denunciar graves irregularidades por parte das empresas subcontratadas por Amazon no Porriño, encargadas dos repartos.

 

Desde a implantación na área de Vigo da plataforma loxística de Amazon, UGT denunciou múltiples abusos e irregularidades que sofren os traballadores encargadas de entrgar os pedidos da plataforma nas moradas dos clientes. Lonxe de mellorar neste sentido, Amazon continúa vencellada a casos de vulneración dos dereitos laborais. A coñecida plataforma non parece manter unha política estrita que garanta que as súas subcontratas cumpran coa lexislación laboral vixente, que poida garantir a custodia da aplicación do Convenino Colectivo de Transporte de Mercadorías da provincia de Pontevedra e do resto de dereitos dos traballadores.

As últimas denuncias presentadas hoxe ante a Inspección de Traballo de Vigo por parte da UGT están baseadas na aplicación de descontos salariais inxustificados polo uso dos vehículos de reparto; algo que non se axusta á legalidade. UGT considera que o "entramado" de subcontratas de Amazon está supoñendo unha espiral de subcontratas que perxudica as relacións laborais e precariza as condicións de traballo.

Empresas como Tipsa e outras, subcontratadas por Amazon, contratan co consentimento e a superivisión desta a totalidade dos seus traballadores mediante Empresas de Traballo Temporal, o que supón un elo máis na cadea de intermediarios na relación laboral. UGT asegura que continuará denunciando a precariedade e o imcumprimento do convenio subscrito entre empresarios e sindicatos do transporte na provincia, afin de que "a lei e as reglas en materia laboral sexan iguais para todos, mesmo para Amazon".

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete