A revista galega Mazarelos sobre Historia e cultura saca á venda o seu terceiro número

Ratio: 5 / 5

Inicio activadoInicio activadoInicio activadoInicio activadoInicio activado
 

Esta semana saiu á venda o número 3 da revista de carácter cuatrimestral, pechando o primeiro ano de actividade nesta edición en papel. A capa foi realizada polo artista ourensá Xosé Poldras e a entrevista foi realizada conxuntamente a Manuel Gago e a Miguel Cajigal (ElBarroquista).

 

Este novo exemplar conta ademáis cos seguintes artigos: 

A Cátedra de Cultura Galega 'Xosé Neira Vilas', da Universidade da Habana. Trinta anos tecendo redes entre as dúas beiras do Atlántico, por Arantxa Fernández Crespo.

Sofía Casanova. Correspondente galega en cinco guerras do século XX, por Eila Rodríguez Filgueiras.

Radicalismo ou extremismo? Ás cousas polo seu nome, por Marcos Dono Martín.

Cartas, ondas e pedras. A Igrexa Católica na República Dominicana durante a ditadura e a transición democrática (1954-63), por Adrián Feijoo Sánchez.

A performance falanxista. O culto a Santiago e a crónica de Urbano Tavares Rodrigues, por Emilio P. Cancelo.

As olladas do rexionalismo crítico. Identidades arquitectónicas nas periferias peninsulares (1960-90), por Santiago Rodríguez Caramés.

GaliPIXEL. Notas sobre a industria e a cultura dos videoxogos en Galicia, por José García Vega. 

Pechando a revista, Francisco Álvarez 'Koki' enviou o Poema da desolación en homenaxe á obra pictórica Muller coa Fouce, de Castelao.

Escribir un comentario
PorriñoDigital. es recuerda: Será declinada toda responsabilidad derivada de las afirmaciones realizadas por sus usuarios. La sola publicación de comentarios en las noticias implica la aceptación de esta condición. Se ruega moderen el tono de sus afirmaciones en aras a mantener un talante dialogante y educado.


PorriñoDigital.es nace como un proyecto de jóvenes emprendedores porriñeses con ganas de dotar a nuestra villa de un espacio de comunicación local.
Tú eres parte de nuestro proyecto, trabajamos para tí.

Secciones

Redes Sociales

Suscríbete